Thermomix® Orense

Lorenzo Vila Jorge

Olá son Jorge, comercial de Thermomix® , pertenzo a equipa de Ourense.

Olá son Jorge, comercial de Thermomix® , pertenzo a equipa de Ourense.

Arbore de Nadal

09 December 2021

Tiempo de preparación 01:00:00 mins

Ración para 5 personas

09 December 2021

Nestes días de Nadal na que se xuntan amigos, familia e demais coñecidos vamos elaborar un entrante moi doado de facer a par que moi gustoso no que poden participar ata os mais cativos da casa, tratase dunha masa recheo de queixo mozzarella o cal podemos cambiar segundo gustos podemos modificalo por outros toppings.

Ingredientes

  • 400 g de fariña (forte (350 w) ou integral tipo 1)
  • 30 g Aceite de oliva
  • 220 g Auga
  • 1 cullerada de azucre
  • 20 g de fermento de cervexa fresca (ou 2 culleres de té de fermento seco)
  • 1 cullerada de sal
  • 40 mozzarella de cereixa (4 paquetes)
  • 2 rolos de masa de pizza (preparados ou 500 gr caseiros)
  • 1 ovo (para cepillar)
  • ourego

Pasos de la receta

1 Paso

Comezamos coa masa:

Bota a auga, o azucre e o fermento na xerra do Thermomix.

 • Mestura 20 segundos / velocidade 2

Engadimos a fariña, o aceite e o sal

  • amasamos 2 minutos / espiga

Untamos un bol con aceite e reservamos, Sacamos do vaso do Thermomix a masa e formamos unha bola, introducímola no bol que tiñamos reservado e tapámolo e deixamos que fermente durante 1 hora aproximadamente (ou ata que dobre).

  • amasamos 2 minutos / espiga

Untamos un bol con aceite e reservamos, Sacamos do vaso do Thermomix a masa e formamos unha bola, introducímola no bol que tiñamos reservado e tapámolo e deixamos que fermente durante 1 hora aproximadamente (ou ata que dobre).

2 Paso

Collemos a masa de pizza e colocámola nunha bandexa rectangular de forno cuberta con papel vexetal. Mollamos a masa cun chorro pequeno de aceite de oliva e empregando os dedos vamos aplanando a masa, ata que cubra todo o molde e deixamos que leve uns 20 minutos dentro do forno apagado. (Podes usar a masa de pizza preparada que venden nas tendas).

Unha vez fermentado os 20 minutos aplanámola cun rolo de cociña. (Se usas o que venden nas tendas tan so tes que desenrolala masa). Mentres vamos quentando o forno con calor por arriba e por abaixo a 180ºC

3 Paso

Cortamos a masa, primeiro en tiras e despois en cubos duns 4 × 4 cm. Colocamos unha bola de queixo mozzarella no centro de cada cadrado de pasta (previamente escorrido da auga de almacenamento e secámolo con papel absorbente)

4 Paso

Pechamos cada peza de pasta, selando ben dentro da mozzarella.
Despois enrolámolo cas nosas mans, intentando conseguir bolas redondas.

5 Paso

Dispoñemos as bolas de masa nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal.

Colocámolas por fileiras ata conseguir a forma da árbore de Nadal.

6 Paso

Unha ver conseguida a figura desexada cepillamos a superficie con ovo batido.Unha ver conseguida a figura desexada cepillamos a superficie con ovo batido.

7 Paso

Despois espoldrexamos con ourego.

8 Paso

Metemos a bandexa o forno que temos quente e cociñamos durante uns 15-20 minutos. Debe estar dourado e inchado. Axuste coa temperatura do seu forno.

Unha vez dourado sacámolo do forno, decoramolo con ramos de romeu e servímolo de inmediato, quente e filamentoso.





EXPORTAR LA RECETA A TU COOKIDOO®

Copia la URL de la receta y pulsa en "Exportar receta" para exportarla a Cookidoo®.

A continuación, en la página de Cookidoo® deberás dar al botón "+" y después pegar la URL.

Exportar receta
Solicita demostración